|
FÍXOSE A LUZBusco entre recordos, aqueles folios antigamente escritos; constelacións con estrelas movedizas, que se esvaecen en trazos inintelixibles. A sopa de letras confúndeme nun remuíño de imaxes que se suceden vertixinosamente; ó final, tebras. Chego a un profundo pozo negro, con fondo impalpable; tal é a nada. Desorientado. Perdido. Mergullado na escuridade, o que sexa esta. Boto as mans a cabeza e berro; non sinto mans, nin produzo son algún. Perdo a esperanza e desespero. Inquietude da ánima. De súpeto unha luz cegadora invádeme, de forma que desexo a escuridade. Sinto que me desprazo. Ascendo. Non, caio vertixinosamente. Este debe ser o fin. Detéñome e sinto unha latencia, o tempo. Algo en min medra. Fai eco nos meus sentimentos. Quero aferrarme a ese latexo. Fíxose a luz e vexo... ... o cursor parpadexando, á espreita de verbas. 01/03/2005 20:17 Comentarios » Ir a formulario
Non está mal, rapás, sobre todo iso de "desorientado, perdido"... Moi poético pero sobre todo moi realista! :-P
Bicos! Ana Fecha: 03/03/2005 16:46.
¡Gracias Ana! Eres a primeira que fai un comentario.
A ver se algún día baixo da nube... e ensínoche como tes que facer! :-)) Saudiños! Fecha: 03/03/2005 19:46. |
Soños dun Pergamiño Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.
TemasArchivosEnlaces |