|
Natureza sabiaNa alameda, á carón dun estanque, hai un grupiño de pombas, moi quedas, semella que invernan. Pero o máis interesante é que todas miran na mesma dirección. Fai tanto frío que doe moverse. Coido que teño o maxín conxelado e as verbas es-va-ran. É Te-rri-ble ¡Co-mo tre-mo! Non sei, pe-ro algo me di que a na-tu-re-za é sabia; farei coma as pom-bas e rezareille a ese san-to, que só e-las ven. Milagre. Descubrín ó santo. Lourenzo, como lle chaman algúns, o Astro Rei, o Sol. ¡Que gustiño! Máis adiante, tiven outra revelación: os patos fan o mesmo, pero con máis mérito, á “pata coxa”. De súpeto algo se move. É incrible. Este paxaro supéraos a todos. Vai dun lado para outro como se a xeada non fora con el, e non contento da súa fazaña, plántase ó meu carón sen medo ningún, e coma unha República, de costas ó Astro Rei. Agora entendo como hai tantos destes pequechos. ¡Quen tivera o segredo dos pardais! 09/03/2005 21:23 Comentarios » Ir a formulario
Miña nai... iso todo na alameda, O día que vaias ao soo xa non paras!
Está chula a túa web, pasereime máis por acá. E a ver se che poño un link na miña. Saúde Fecha: 11/03/2005 14:54.
Gracias. No zoo os únicos animais son os coidadores. Cebaríame neles :-))
Os animais libres transmiten mellores sensacións. Saúdos. Fecha: 11/03/2005 19:54. |
Soños dun Pergamiño Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.
TemasArchivosEnlaces |