|
Sexto sentidoDin que os nenos posúen un sexto sentido polo que ollan outra realidade. Non o creo, pero coñezo dous rapaces, cando menos, inquedantes. Ás veces falan de cousas... nesa fase camiñan entre soños e pesadelos. Escribo esto porque ultimamente prefiro as súas brincadeiras que o seu mutismo. Comeza a pesar esa escuridade. Parece mentira en min, pero a verdade é que teño unha pequena inquietude. Hoxe deixareilles unha cámara, coa intención de que cando vexan as imaxes fotografadas, baleiras de demos, non sigan con ese conto. Seguramente retratarán parvadas, xa vos ensinarei. 12/03/2005 01:12 Comentarios » Ir a formulario |
Soños dun Pergamiño Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.
TemasArchivosEnlaces |