Tanxidos dunha campá, laios dunha muller

mullercampa.JPGO silencio palpábase no ar. Uns nuboeiros ollaban a aldeíña coma xigantes que asoballan, amedrentando con furia crecente. Cheiraba a treboada.

Comezaron a oírse laios de muller. Facían tremer máis que o trono, que xa avisaba. Un repicar de campá mesturouse nesta sinfonía fantasmagórica e figuras escuras fixeron aparición. Homes e mulleres saían da nada. Había presa e inquietude.

Na aldeíña todos querían axudar, porque cando un veciño perdía unha vaca, baixo badaladas todos saían na súa busca. Naqueles tempos perder unha vaca era case morrer.
14/03/2005 12:00

Comentarios » Ir a formulario


Autor: kaplan

grazas por visitar-me. agora xa está vostede na miña Ithaca, e os dous, se quere, seremos compañeiros. o pracer é meu.

Fecha: 14/03/2005 15:54.



Autor: Óscar H.

Grazas a ti. Encantado de compartir este camiño de verbas.

Fecha: 14/03/2005 16:56.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Soños dun Pergamiño

Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.

Temas



Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.