Solitario

¡Eh, lúa! ¡Que calada estás! ¡Cóntame algo! Que apagadiña te vexo. Se me falases seguro que me sorprenderías cunha fermosa voz, porque ademais de bela, estou no certo de que tes por voz música celestial; fagamos un dúo e sexamos unha mesma estrela.

Quixera que foras a miña amiga, que me acompañases, pois non podo durmir. Sempre estou á dúas velas. Obsérvote para que non doa o tempo. Véñenme unha chea de problemas á cabeza, problemas que non teñen solución, que non podo facer nada.

Pésame o futuro. Morrerei sen ninguén ó meu carón. Gustaríame ter unha compañeira para consolarme, pero non me queren, a xente pasa de min. Cada vez que me ven afastan os ollos coma se fora un bicho noxento; nembargantes ti es adorada por todos. Envéxote lúa, envéxote e ámote a vez.

¿Vesme lúa? ¿Escóitasme? Seguro que me ves como algo que se desfai no tempo, que me apagarei coma unha veliña. Non che son soluble ¡Non será así! A miña morte causará moita dor. Danos irreparables na xente que me precisa, en todo o que me rodea. Chegara o inevitable.

¡Dáste conta lúa! ¡Só me queren por conveniencia! Un téñote porque non hai máis remedio ¡É incrible que ligados están a min!

Non podo máis. Quixera que me mirara a xente, así de extasiados como cando te ollan a ti; que loitaran por poñerme unha bandeira; que os poetas se inspiraran vendo os meus rizos dourados; quixera que me tiveran máis estima porque non podo durmir, non teño noite e o único a quen teño preto é a túa visión que me entolece.

Estou só, son un solitario, acabarei solteiro. Ti non me falas e a miña declaración amorosa semella soliloquio. ¿Estarei toleando?

Resulta irónico, pero a única vez que me admiran é cando te pos enriba miña, xa sabes, cando facemos eclipse. Esto enfuréceme... pero gústame ó mesmo tempo... ¿intentámolo de novo? (SOLución)
15/03/2005 12:34

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Samo

ha de ser menos.

pero, por se les o ke acabas de escribir cos ollos de ken non o escribiu, só podes chegar a unha conclusión: aí hai moita represión sexual.

pero iso non é malo. mira a Bécquer. a súa poesía non é máis que faltiña de foder.

son épocas.

ánimo, ostia! :-)

Fecha: 15/03/2005 16:06.



Autor: Óscar H.

Supoño que sabes quen ten soidade neste relato :-).
Eu estou moi ben de saúde en
tódolos sentidos e non teño
necesidade de "pallas mentais" como fas ti na túa páxina.

¡Deixa ese vicio! :-))

Fecha: 15/03/2005 20:57.



Autor: Samo

non sei se soidade se nada, pero e que te puxeches en plan "son un fraude para a sosiedá" e eu ke sei...

a min nin me vai nin me ven, enténdeme.

e das "pallas mentais" foi un golpe baixo. :-)

Fecha: 15/03/2005 21:11.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Soños dun Pergamiño

Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.

Temas



Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.