Carpir días ( I )

vanitas.JPGEsta noite, unha mosca que non lle tiña medo á escuridade, mesturouse coas dúas velas nas que recibín o día. Os latexos, o segundeiro e o zoar, eran cadencias dun carpir.

¡Foi desesperante! O reloxo feriume os tímpanos da ánima. Os segundos coma gotas de auga e o seu tictac como trono enxordecedor.

Silencio. Inexorable transcorrer.

Comezo este diario cun “ola” e séguelle un “ata logo”, porque non dá para máis esta realidade. O día pasou nun suspiro como pasa o alento da vida: nun carpir, nun xanto que rabuña, un carpir días.
16/03/2005 00:37

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.








Soños dun Pergamiño

Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.

Temas



Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.