Os benvidos de marzo

flora.jpgEspreguízase a natureza e co seu boquexo espalla as súas fragrancias tralos pasos de Perséfone, a personificación da primavera, que despois de seis meses estende os seus brazos. Tralo seu camiñar as flores van saíndo baixo os pes divinos e unha luz cálida substitúe o xélido inverno que este ano asoballounos co seu alento polar. Cun sorriso da deusa os namorados deséxanse abrazos e mergúllanse na intimidade baixo a luz de Venus.

Nunha danza de luz e cor, os pasos da divindade tropezan ca terra dos mil ríos. Alí onde esperaba fermosura había sequidade e montes queimados. Parou a súa actividade, e alzando os brazos en actitude desoladora, o ceo escureceuse e comezou a chorar. Sorprendendo as delicadas formas de Flora na súa primeira colleita.
21/03/2005 23:08

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.








Soños dun Pergamiño

Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.

Temas



Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.