|
Carpir días ( II )Non aturo sesenta latexos na mesma postura. Só me queda facer coma os vampiros: cabeza abaixo. As sabas mancan a pel e os ácaros están a facer po cos pensamentos. Chámolle insomnio, pero semella tolemia. O silencio é enxordecedor. ... Nun acceso de furia salto da cama para desfacer as teazas que se cernen sobre min. Todo en balde. Vístome nerviosamente e decido dar un paseo ao río. Quero abrir as ventás da cabeza e que non medre mofo no maxín. No alto, a lúa recébeme con fantasmagórica face e a beira do río está ateigada de farois, que lembran un camiño de ánimas. Outra noite de lobos. 26/03/2005 16:02 Comentarios » Ir a formulario |
Soños dun Pergamiño Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.
TemasArchivosEnlaces |