Renacer

muller.jpgO alento do mar, cargadiño de fragancias mariñas, xogaba a desfacerlle os cabelos. Ao lonxe, os barcos viñan da faena, pero a ela ningún lle dicía nada. Pechou os ollos e mergullouse en novos vieiros que se facían paso no maxín. Acostumada a dor, de quen sempre espera, decatouse que aínda seguía varada en augas lonxanas.

Anoitecía. A friaxe sacouna das cavilacións e, na beiramar, o faro lembráballe que xa non había treboada. Que só tiña que seguir o novo camiño, máis seguro, sen rochas. Detivo os pensamentos e a natureza parou a súa actividade. Un sorriso deu en aparecer na súa cara, como o amencer nunha noite de inverno.

El, cuxa simbiose do mar coa súa pel aínda non desaparecera, estaba a dous pasos dela, observando con tenrura, e acompañouna no sorriso. A ligazón das súas almas era moi forte, por eso coñecía a marea de pensamentos que pasaba pola súa mente. Ata agora o mar déralles a vida, pero sempre ameazando con levala as profundidades. Diante, un novo horizonte. Un novo camiño, no que recordaría sempre a imaxe da persoa amada, na tensa espera, como a mellor mostra de amor. Era un renacer.
02/04/2005 22:29

Comentarios » Ir a formulario


Autor: kaplan

ke lindas son as suas fotos. un saúdo

Fecha: 05/04/2005 17:54.



Autor: andrea

Precioso; lástima que seza difícil iso de renacer..

Fecha: 10/04/2005 13:56.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Soños dun Pergamiño

Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.

Temas

Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.