|
O leito das nubesLembro un día de tempestade. O ceo estaba tan mesto que se podería cortar a coitelo. Semellaba un manto groso de manteiga abafador; unha loita de titáns que pelexaban a prol do trono, arrincando lóstregos que facían tremer á Terra. Os carreiros de electricidade ferían o ar, e quebraba coma vidro estralado. De pé no balcón, cos brazos abertos a modo de ás, estaba eu enfrontándome ca natureza. Dobrei os xeonllos e din un pequeno brinco. Comecei a ascensión. O raios caían en torno miña, pero coma domador de serpentes dirixía o seu baile eléctrico. Atravesei as nubes, somerxéndome nun mar de algodón; transformeime en vaporoso e ollei a superficie: vinme no balcón en estado hipnótico e sentín mágoa. Cando as nubes se oxidaron, baixei pola escaleira de cor, e remataba o ruído. Meu pai estaba mirando para min, en actitude seria. Logo dunha exhalación levantou o brazo director, sinalando un cumio. - Desde ese altiño podes ver o leito das nubes. Levántate comigo as 7:30 da mañá e veralas durmir. Despois dun pequeno sorriso engadiu: - O que algo quere, algo lle costa; pero non é necesario que voes. Estaba farto de que buscara calquera ocasión para dicirme que puxera os pés na terra. ¿O leito das nubes? Baixo as súas palabras para min sempre había burla. Pero despois de moitos invernos, tiven que darlle a razón. Agora constrúo realidades desde un leito de nubes. 13/04/2005 11:58 Comentarios » Ir a formulario
Bonitas fotos, tu objetivo tiene cierta querencia al cielo y las nubes.
Fecha: 14/04/2005 10:11.
Gracias.
Veo las nubes, los árboles, las piedras... como obras de arte. Tomo nota de tu blog. Fecha: 14/04/2005 23:30.
bonito, muito espiritual, melancolico, garimoso,sen esquecer sa mañans orvalladas que e o sange de os sonos nocturnos , as lagrimas das almas que esperan que se fagan realidad eses castelos feitos nas nuves
Fecha: 30/10/2005 01:22. |
Soños dun Pergamiño Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.
TemasArchivosEnlaces |