Blogia
Soños dun Pergamiño

Carpir días ( II )

Non aturo sesenta latexos na mesma postura. Só me queda facer coma os vampiros: cabeza abaixo. As sabas mancan a pel e os ácaros están a facer po cos pensamentos. Chámolle insomnio, pero semella tolemia.

O silencio é enxordecedor.

...

Nun acceso de furia salto da cama para desfacer as teazas que se cernen sobre min.

Todo en balde.

Vístome nerviosamente e decido dar un paseo ao río. Quero abrir as ventás da cabeza e que non medre mofo no maxín.

No alto, a lúa recébeme con fantasmagórica face e a beira do río está ateigada de farois, que lembran un camiño de ánimas.

Outra noite de lobos.

0 comentarios