¡Qué pesadelos tiña de neno!

Era tódalas noites, unha tras outra, sen tregua. ¡Que arrepíos tiña só con lembralo!; o medo non cabía en min. Eses ollos que me fitaban na raia da porta entreaberta, de mirada sanguinolenta, negro coma carbón, se ben a negrura mais cunha cor, semellaba carencia de contido.

Eu tapábame e comezaba a suar, reprimindo as ganas de berrar; para non provocalo. Algunha vez achegábase a min e sentíao rir; era risa do demo, deleitándose co mal. Nun mar de suor e bagoas fervía, totalmente quedo.

Agora que o penso, moi mal tiña que vir meu pai de traballar na mina.
03/03/2005 22:05

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.








Soños dun Pergamiño

Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.

Temas



Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.