Se muestran los artículos pertenecientes al tema Carpe diem.

28/03/2005

Carpe diem ( II )

mansol.JPGUn latexo, un calafrío. O compás dos calafríos, marcan o ritmo.

Cada átomo da rede, que tece a realidade, prodúceme unha sensación pracenteira. A alma mestúrase nesa rede, e roza os fíos da teaza coma pinguiñas que se bican sen gravidade, provocando en ela vibracións de harmoniosas sinfonías.

Como non quero que remate o día, deixo o leito, para aproveitar un anaco de noite.

A lúa recébeme cun veo, ocultando un cheo sorriso; e os farois asemellan un camiño de estrelas, ao alcance da miña man.
28/03/2005 22:27 Enlace permanente. Tema: Carpe diem No hay comentarios. Comentar.

rio.JPGO río azul
28/03/2005 22:28 Enlace permanente. Tema: Carpe diem No hay comentarios. Comentar.

16/03/2005

Carpe diem ( I )

vanitas2.jpgDubido dos meus ollos. Non sei se están abertos ou pechos. Nunha danza sideral o sol quenta nas antípodas e a noite cérnese sobre min.

Sentado na beira dun río, en total soidade, escoito a auga que camiña con lentitude. Nun aceno, por instinto, mergullo os pés nela. Sorpréndeme o morniña que está.

Deixo caer o corpo sobre a herba e os verdes suspiros embárganme ca súa fragrancia. Un ente burbulla polas miñas veas, como saiba que circula polas raíces dunha árbore, reverdecendo cada parte do meu corpo e dándome alento para seguir espremendo ese delicioso zume a todo o que me rodea.

Volvo a realidade. Non estou no río, estou na cama. Unha mosca rolda pola habitación sen ningún respecto por quen intenta durmir. Non importa, xa cansará.

Agora estou nunha praia. No Pacífico. As ondiñas...
16/03/2005 16:05 Enlace permanente. Tema: Carpe diem Hay 2 comentarios.




Soños dun Pergamiño

Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.

Temas



Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]