|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema O demo do medo. 19/03/2005Sexto sentido ( II )Fai uns días conteivos que lles deixara unha cámara a dous nenos para que fotografaran aquelo que temían. Un demo que só eles podían ver. Fixen unha presentación co resultado. Xulgade vos mesmos. Descargar. 12/03/2005Sexto sentidoDin que os nenos posúen un sexto sentido polo que ollan outra realidade. Non o creo, pero coñezo dous rapaces, cando menos, inquedantes. Ás veces falan de cousas... nesa fase camiñan entre soños e pesadelos. Escribo esto porque ultimamente prefiro as súas brincadeiras que o seu mutismo. Comeza a pesar esa escuridade. Parece mentira en min, pero a verdade é que teño unha pequena inquietude. Hoxe deixareilles unha cámara, coa intención de que cando vexan as imaxes fotografadas, baleiras de demos, non sigan con ese conto. Seguramente retratarán parvadas, xa vos ensinarei. 03/03/2005¡Qué pesadelos tiña de neno!Era tódalas noites, unha tras outra, sen tregua. ¡Que arrepíos tiña só con lembralo!; o medo non cabía en min. Eses ollos que me fitaban na raia da porta entreaberta, de mirada sanguinolenta, negro coma carbón, se ben a negrura mais cunha cor, semellaba carencia de contido. Eu tapábame e comezaba a suar, reprimindo as ganas de berrar; para non provocalo. Algunha vez achegábase a min e sentíao rir; era risa do demo, deleitándose co mal. Nun mar de suor e bagoas fervía, totalmente quedo. Agora que o penso, moi mal tiña que vir meu pai de traballar na mina. |
Soños dun Pergamiño Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.
TemasArchivosEnlaces |