Blogia
Soños dun Pergamiño

FÍXOSE A LUZ

Busco entre recordos, aqueles folios antigamente escritos; constelacións con estrelas movedizas, que se esvaecen en trazos inintelixibles. A sopa de letras confúndeme nun remuíño de imaxes que se suceden vertixinosamente; ó final, tebras.

Chego a un profundo pozo negro, con fondo impalpable; tal é a nada. Desorientado. Perdido. Mergullado na escuridade, o que sexa esta. Boto as mans a cabeza e berro; non sinto mans, nin produzo son algún. Perdo a esperanza e desespero.

Inquietude da ánima.

De súpeto unha luz cegadora invádeme, de forma que desexo a escuridade. Sinto que me desprazo. Ascendo. Non, caio vertixinosamente. Este debe ser o fin.

Detéñome e sinto unha latencia, o tempo. Algo en min medra. Fai eco nos meus sentimentos. Quero aferrarme a ese latexo. Fíxose a luz e vexo...

... o cursor parpadexando, á espreita de verbas.

2 comentarios

Óscar H. -

¡Gracias Ana! Eres a primeira que fai un comentario.
A ver se algún día baixo da nube... e ensínoche como tes que facer! :-))

Saudiños!

Son eu -

Non está mal, rapás, sobre todo iso de "desorientado, perdido"... Moi poético pero sobre todo moi realista! :-P

Bicos!

Ana