Blogia
Soños dun Pergamiño

Ánimas enchoupando as formas pétreas

Ánimas enchoupando as formas pétreas É verdade que a terra ten memoria. Galicia ten corpo de granito, e retrata as súas emocións nesa pedra. Non só nas formas, tamén nos sentires.

Algunhas noites son especiais. Refírome a aquelas, cando saes de paseo e camiñas en total soidade. A realidade desdóbrase, abrindo unha delgada liña entre o noso andar e as pegadas dun submundo; as pisadas semella que fan eco no averno; porque os sons, son coma pegadas dun espacio inexistente. Pero non todo esvaece, quedan reminiscencias que impregnan algunhas formas, en aquelas moi antigas. As persoas, abrindo a súa sensibilidade, distinguirían esas impresións coma ánimas enchoupando as formas pétreas.

Mensaxes que burbullan e atrapo a tropel. Queixumes que me din que alguén sufriu noutros tempos, que traballaron toda a vida nunha longa loita de contrarios; laios nos séculos escuros por represións constantes e palabras non ditas, que queiman no peito e fan un nó na gorxa.

Tamén escoito o ronco fol nunha procesión de aturuxos e meigallos arredor de min. Quixera levantar unha man e calmar os berros, limpar esas bagoas que adoecen por saír e deter esta loucura de dor.

Agora o entendo, no é derrotismo, é un clamor. A terra quere ser escoitada, comprendida e amada.

5 comentarios

caladinha -

Noites de pegadas, susurros, ecos da pedra, latexos da historia.
Compostela de madrugada un luns.
Betanzos trala media noite.
...

E a terra falaba.

Óscar H. -

Sí que te entendo. O que veño barrenando ultimamente é eso: publicar inquedanzas do día a día.
Por favor, non me trates de vostede, que de seguro son máis novo ca ti.

Ata outra

Saúdos

kaplan -

perdoa, creo ke non me entendeu: estou seguro de ke traballa muitísimo, pero o ke me interesa é saber komo é vostede; kero coñecé-lo através da sua blo, saber ke me conta; ande, atreva-se, seu, incondicional (xa o sabe), kaplan

Óscar H. -

É algo que veño barrenando ultimamente, porque debo recoñecer que me está dando traballo publicar de xeito a como o veño facendo. Ademais, teño outro blo:asombr8-s.blogia.com sobre imaxes e noticias de ciencia impactantes. E tamén comecei ca traducción deste, a petición dalgunhas persoas. En calquer intre comezo a mesturar artigos máis relaxados, de menos comedura de seso.

Saúdos Kaplan

kaplan -

mire unha cousa: e por ke non fala máis de si? seria un complemento perfeito para a sua blo; se son impertinente, desculpe a observación, faga o favor. un saúdo