¡Alí o ven!

burra.jpgOs nenos, rama en man, tratan coma burros a todos os que se poñen diante. Eles teñen a súa festa particular e os seus pais a ledicia de facelos sorrir. Por suposto, onde hai sorriso, ten que haber bágoas, e algún magóase de non conseguir o obxectivo: darlle a burriña.

Tamén vexo pranto relixioso. Aínda que estou un pouco á marxe deste culto non dou evitado certo desacougo ao recoñecer tanto amor. A imaxe de Cristo acercándose, despois da intensa espera, ilumina os rostros.

Mentres tanto, un mendicante tenta conseguir a gracia de Deus, mediante a caridade cristiá de algúns e a hipocrisía doutros.

Outro grupo, coma min, observamos a variedade de ánimas que vagan na romaría. Son agnóstico, pero creo que voltarei para o ano.
20/03/2005 18:19

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: peke

Parece que pasaron séculos, pero só bastantes anos. Lémbrome a min mesma coa maldita palma (sempre lisa, nunca con trenzados) varrendo o chan do Obradoiro para desesperación de miña nai. Tamén lembro que sempre estreaba zapatos ese día e que chegaban a casa xa rozados. ¡Ai! Temo que nunca fun demasiado feminina.

Fecha: 22/03/2005 16:18.



Autor: Óscar H.

A min veríasme cun foguete estralado, manchado de pólvora queimada e cavilando que trasnada facer con aquelo, para a desesperación de calquera.

Fecha: 22/03/2005 16:56.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Soños dun Pergamiño

Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.

Temas



Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.