Natureza sabia
Na alameda, á carón dun estanque, hai un grupiño de pombas, moi quedas, semella que invernan. Pero o máis interesante é que todas miran na mesma dirección. Fai tanto frío que doe moverse.
Coido que teño o maxín conxelado e as verbas es-va-ran. É Te-rri-ble ¡Co-mo tre-mo!
Non sei, pe-ro algo me di que a na-tu-re-za é sabia; farei coma as pom-bas e rezareille a ese san-to, que só e-las ven.
Milagre. Descubrín ó santo. Lourenzo, como lle chaman algúns, o Astro Rei, o Sol.
¡Que gustiño!
Máis adiante, tiven outra revelación: os patos fan o mesmo, pero con máis mérito, á pata coxa.
De súpeto algo se move. É incrible. Este paxaro supéraos a todos. Vai dun lado para outro como se a xeada non fora con el, e non contento da súa fazaña, plántase ó meu carón sen medo ningún, e coma unha República, de costas ó Astro Rei. Agora entendo como hai tantos destes pequechos.
¡Quen tivera o segredo dos pardais!
3 comentarios
Óscar H. -
Os animais libres transmiten mellores sensacións.
Saúdos.
Samo -
Samo -
Está chula a túa web, pasereime máis por acá. E a ver se che poño un link na miña.
Saúde