Blogia
Soños dun Pergamiño

Carpir días ( I )

Carpir días ( I ) Esta noite, unha mosca que non lle tiña medo á escuridade, mesturouse coas dúas velas nas que recibín o día. Os latexos, o segundeiro e o zoar, eran cadencias dun carpir.

¡Foi desesperante! O reloxo feriume os tímpanos da ánima. Os segundos coma gotas de auga e o seu tictac como trono enxordecedor.

Silencio. Inexorable transcorrer.

Comezo este diario cun “ola” e séguelle un “ata logo”, porque non dá para máis esta realidade. O día pasou nun suspiro como pasa o alento da vida: nun carpir, nun xanto que rabuña, un carpir días.

0 comentarios