Blogia
Soños dun Pergamiño

Carpe diem ( I )

Carpe diem ( I ) Dubido dos meus ollos. Non sei se están abertos ou pechos. Nunha danza sideral o sol quenta nas antípodas e a noite cérnese sobre min.

Sentado na beira dun río, en total soidade, escoito a auga que camiña con lentitude. Nun aceno, por instinto, mergullo os pés nela. Sorpréndeme o morniña que está.

Deixo caer o corpo sobre a herba e os verdes suspiros embárganme ca súa fragrancia. Un ente burbulla polas miñas veas, como saiba que circula polas raíces dunha árbore, reverdecendo cada parte do meu corpo e dándome alento para seguir espremendo ese delicioso zume a todo o que me rodea.

Volvo a realidade. Non estou no río, estou na cama. Unha mosca rolda pola habitación sen ningún respecto por quen intenta durmir. Non importa, xa cansará.

Agora estou nunha praia. No Pacífico. As ondiñas...

2 comentarios

Óscar H. -

Grazas, amigo.

Samo -

moi bo, tío.