15/12/200519/11/2005Despois dun tempo na obscuridade...... volto ao meu fogar dixital. Estou na laboura doutra bitácora, esta vez en wordpress. De contado únome a comunidade blogomillo. Unha aperta a todos. 19/11/2005 15:40 Enlace permanente. Hay 1 comentario. 22/04/2005Ánimas enchoupando as formas pétreasAlgunhas noites son especiais. Refírome a aquelas, cando saes de paseo e camiñas en total soidade. A realidade desdóbrase, abrindo unha delgada liña entre o noso andar e as pegadas dun submundo; as pisadas semella que fan eco no averno; porque os sons, son coma pegadas dun espacio inexistente. Pero non todo esvaece, quedan reminiscencias que impregnan algunhas formas, en aquelas moi antigas. As persoas, abrindo a súa sensibilidade, distinguirían esas impresións coma ánimas enchoupando as formas pétreas. Mensaxes que burbullan e atrapo a tropel. Queixumes que me din que alguén sufriu noutros tempos, que traballaron toda a vida nunha longa loita de contrarios; laios nos séculos escuros por represións constantes e palabras non ditas, que queiman no peito e fan un nó na gorxa. Tamén escoito o ronco fol nunha procesión de aturuxos e meigallos arredor de min. Quixera levantar unha man e calmar os berros, limpar esas bagoas que adoecen por saír e deter esta loucura de dor. Agora o entendo, no é derrotismo, é un clamor. A terra quere ser escoitada, comprendida e amada. 22/04/2005 13:30 Enlace permanente. Hay 5 comentarios. 18/04/200518/04/2005 11:52 Enlace permanente. Hay 1 comentario. 16/04/200516/04/2005 12:50 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 13/04/2005O leito das nubesLembro un día de tempestade. O ceo estaba tan mesto que se podería cortar a coitelo. Semellaba un manto groso de manteiga abafador; unha loita de titáns que pelexaban a prol do trono, arrincando lóstregos que facían tremer á Terra. Os carreiros de electricidade ferían o ar, e quebraba coma vidro estralado. De pé no balcón, cos brazos abertos a modo de ás, estaba eu enfrontándome ca natureza. Dobrei os xeonllos e din un pequeno brinco. Comecei a ascensión. O raios caían en torno miña, pero coma domador de serpentes dirixía o seu baile eléctrico. Atravesei as nubes, somerxéndome nun mar de algodón; transformeime en vaporoso e ollei a superficie: vinme no balcón en estado hipnótico e sentín mágoa. Cando as nubes se oxidaron, baixei pola escaleira de cor, e remataba o ruído. Meu pai estaba mirando para min, en actitude seria. Logo dunha exhalación levantou o brazo director, sinalando un cumio. - Desde ese altiño podes ver o leito das nubes. Levántate comigo as 7:30 da mañá e veralas durmir. Despois dun pequeno sorriso engadiu: - O que algo quere, algo lle costa; pero non é necesario que voes. Estaba farto de que buscara calquera ocasión para dicirme que puxera os pés na terra. ¿O leito das nubes? Baixo as súas palabras para min sempre había burla. Pero despois de moitos invernos, tiven que darlle a razón. Agora constrúo realidades desde un leito de nubes. 13/04/2005 11:58 Enlace permanente. Hay 4 comentarios. 11/04/200502/04/2005Renacer O alento do mar, cargadiño de fragancias mariñas, xogaba a desfacerlle os cabelos. Ao lonxe, os barcos viñan da faena, pero a ela ningún lle dicía nada. Pechou os ollos e mergullouse en novos vieiros que se facían paso no maxín. Acostumada a dor, de quen sempre espera, decatouse que aínda seguía varada en augas lonxanas. Anoitecía. A friaxe sacouna das cavilacións e, na beiramar, o faro lembráballe que xa non había treboada. Que só tiña que seguir o novo camiño, máis seguro, sen rochas. Detivo os pensamentos e a natureza parou a súa actividade. Un sorriso deu en aparecer na súa cara, como o amencer nunha noite de inverno. El, cuxa simbiose do mar coa súa pel aínda non desaparecera, estaba a dous pasos dela, observando con tenrura, e acompañouna no sorriso. A ligazón das súas almas era moi forte, por eso coñecía a marea de pensamentos que pasaba pola súa mente. Ata agora o mar déralles a vida, pero sempre ameazando con levala as profundidades. Diante, un novo horizonte. Un novo camiño, no que recordaría sempre a imaxe da persoa amada, na tensa espera, como a mellor mostra de amor. Era un renacer. |
Soños dun Pergamiño Neste espazo mergullareime para compartir pequenos retratos da realidade, que en poucos casos darán reflexo do meu diario sentir. Agardo que os protagonistas sexan os vosos comentarios e a musicalidade desta fermosa lingua.
TemasArchivosEnlaces |