Blogia
Soños dun Pergamiño

¡PAZ!

¿Esto é realidade? Non sei, semella un soño: estou nun prado, coroado de crisantemos; tal que o recendo que producen, empápase en min, mesmo coma un coador ó atravesarme a brisa. É de verdade un intre fermoso.

Algo cae do ceo. Branco. É un paxaro, xa sei, unha pomba, que con suavidade aterra o meu carón. Non me veu; agora estou no certo, que mágoa que sexa un soño... supoño que esto non sería deserción. Está tan preto de min que sinto como as patiñas rozan as herbas, o seu pausado respirar e... ¿Será verdade? ¡Os seus latexos! Un calafrío percorreume todo o corpo, case doe.

¿E agora que vexo? ¿Un home? ¡Sí! ¿Que fai? ¡Non pode ser!

Un estrondo e un berro meu atravesaron o aire, a vez que o dedo decidido, premeu no disparador. O vil metal profanou a pequena beleza.

¡Espertei! Non era soño ¡Era pesadelo! Limpo a suor, e aínda dubido da realidade, pois a xanela está aberta e unha ramiña de oliva xace sobre as sabas.

De novo todo se funde en negro, e logo distingo unha realidade gris. Sinto un alento. A alguén lle costa respirar. ¡Non! ¡Son eu! Esto é real, e sinto dor, o inimigo estanos atacando e alguén berra con loucura:
- ¡Retirada! ¡Retirada! ¡Bombardéannos!

4 comentarios

Óscar H. -

Ola Kaplan.
Alédome de que che interese. Entrei no teu caderno e ten moi boa pinta. É moi posible que a inclúa nos meus enlaces.

Un pracer.

Óscar H. -

¡Gracias Chispa! Chispa eres, pois nalgún momento acendiches unha luz.

Unha aperta

kaplan -

Logrou interesar-me. Seguirei-no en diante. Pode, se o desexa, visitar a miña blog. Un saúdo.

Chispa -

Ola Oscar,
Os meus parabens pola páxina...fermosas verbas, nunha fermosa lingua.
Saudos desde Caticovas
Chispa